VISITAMOS O AEROPORTO DE SANTIAGO
O venres 14 de narzo fomos de excursión a Santiago de Compostela para coñecer o aeroporto de Lavacolla. Aproveitamos moi ben o día e visitamos tamén o Teatro Principal e o museo de Historia Natural. Foi unha saida estupenda, que non esqueceremos...
Chegamos ao aeroporto sobre as 10:30 da mañá, onde nos recibiu a RRPP de Lavacolla. Tratounos de maravilla, explicándonos todo moi ben. Vimos tódalas instalacións, e nos convertimos en auténticos viaxeiros, pasando tódolos protocolos.
Os nosos logos: LÓVA e Nube
Chegamosss!
Marta a RRPP, có encargado do aeroporto.
Aquí, presentando as nosas tarxetas de embarque...
Ata pasamos polo escanner...
Antes de dirixirnos á porta de embarque, tres guardias civís moi amables nos contaron moitas cousas sobre a seguridade do aeroporto. Foi moi interesante!
E cando baixamos á zona de pista, nos esperaba unha enorme sorpresa...
Tivemos ocasión de ver e tocar ao falcón de pista, para escorrentar as aves dos arredores, c
o fin de que non produzan danos aos avións. Foi incrible! O cetrero nos contou cousas super curiosas e interesantes.
Coñecimos tamén os protocolos de emerxencia que teñen os bombeiros, para velar pola seguridade do aeroporto. Como nos gustou! Canto aprendimos!
Fermoso exemplar!!!
Por que visitamos o aeroporto? Pois nin máis nin menos que porque estará moi presente na representación da nosa ópera...
Alguén desexará tomar un vó, e percorrer moitos kilómetros!!!
VISITAMOS O TEATRO PRINCIPAL
Despois de comer no aeroporto, saímos hacia o centro de Santiago para visitar o teatro principal.
Se imos representar unha ópera, é necesario coñecer moi ben o que é un teatro, tanto por dentro como por fora. Os teatros gardan moitos segredos...
O teatro Principal. acaba de cumplir 178 anos, pois foi construído en abril do ano 1841.Trátase dun edificio de estilo clasicista, en pleno casco histórico compostelán, que se convertíu en perfecto elemento dinamizador cultural da cidade, tralas antigas casas de comedia.
Impresionante obra de arte, o telón...
Gracias a Coke, pola súa acollida, e excelentes explicacións!