domingo, 24 de marzo de 2019

TRABALLAMOS POR PROFESIÓNS

Agora que está o libreto terminado, tod@s coñecemos moi ben como vai transcurrir a nosa ópera. Cada día xurden novas ocurrencias que enriquecen o noso traballo, e non deixamos de imaxinar o estreno. É o momento de que cada oficio tome as decisións finais sobre a mellor forma de desenvolver o seu traballo.

Andrea e Pedro Miguel: Directora de produción e Rexedor, reunidos.



Iván, Unai e Alejandro: Guionistas


Noa, Xoel, Sabela e Alex: Compositores










Adrián e Noel: Documentalistas



Cristina e Saray: RRPP


Pedro, Paula, Martín e Vania: Maquilladores/figurinistas






Andrés, Mara, David e Uxue: Escenógraf@s





Nahia, Marcos, Noel, Adriana e Melisa: Intérpretes



Agora toca "facer un gran puzle" para que todo encaixe no produto final: 
A nosa ópera LÓVA!

lunes, 18 de marzo de 2019

UNHA PRECIOSA EXCURSIÓN...

VISITAMOS O AEROPORTO DE SANTIAGO
O venres 14 de narzo fomos de excursión a Santiago de Compostela para coñecer o aeroporto de Lavacolla. Aproveitamos moi ben o día e visitamos tamén o Teatro Principal e o museo de Historia Natural. Foi unha saida estupenda, que non esqueceremos...
Chegamos ao aeroporto sobre as 10:30 da mañá, onde nos recibiu a RRPP de Lavacolla. Tratounos de maravilla, explicándonos todo  moi ben. Vimos tódalas instalacións, e nos convertimos en auténticos viaxeiros, pasando tódolos protocolos. 

Os nosos logos: LÓVA e Nube

 Chegamosss!

 Marta a RRPP, có encargado do aeroporto.



Aquí, presentando as nosas tarxetas de embarque...

Ata pasamos polo escanner...
Antes de dirixirnos á porta de embarque, tres guardias civís moi amables nos contaron moitas cousas sobre a seguridade do aeroporto. Foi moi interesante!


E cando baixamos á zona de pista, nos esperaba unha enorme sorpresa...



Tivemos ocasión de ver e tocar ao falcón de pista, para escorrentar as aves dos arredores, c
o fin de que non produzan danos aos avións. Foi incrible! O cetrero nos contou cousas super curiosas e interesantes.

Coñecimos tamén os protocolos de emerxencia que teñen os bombeiros, para velar pola seguridade do aeroporto. Como nos gustou! Canto aprendimos!

Fermoso exemplar!!!

Por que visitamos o aeroporto? Pois nin máis nin menos que porque estará moi presente na representación da nosa ópera... 
Alguén desexará tomar un vó, e percorrer moitos kilómetros!!!


VISITAMOS O TEATRO PRINCIPAL
Despois de comer no aeroporto, saímos hacia o centro de Santiago para visitar o teatro principal.
Se imos representar unha ópera, é necesario coñecer moi ben o que é un teatro, tanto por dentro como por fora. Os teatros gardan moitos segredos...
O teatro Principal. acaba de cumplir 178 anos, pois foi construído en abril do ano 1841.Trátase dun edificio de estilo clasicista, en pleno casco histórico compostelán, que se convertíu en perfecto elemento dinamizador cultural da cidade, tralas antigas casas de comedia.




Impresionante obra de arte, o telón...

Gracias a Coke, pola súa acollida, e excelentes explicacións!










jueves, 7 de marzo de 2019

SEGUIMOS CON DINÁMICAS E RETOS

Avanzamos moito nas sesións LÓVA experimentando novas dinámicas e retos. Non paramos de aprender e xa somos unha compañía unida, con varios proxectos en común e un obxectivo claro: Rematar a creación da nosa ópera para representala en xuño.

Son moi agradables as sesións de relaxación, para aprender a importancia da calma e cada día acadamos un maior nivel de concentración.






Máis abaixo, unha dinámica moi emotiva na que tivemos que atopar o noso grupo de iguais sen comunicación verbal, e vaia se o atopamos...
Experimentamos a través do xogo a agradable sensación de pertencer a un determinado grupo, e tamén a tristura cando non somos incluídos cós nosos semellantes...
Repartimos gomets a cegas, de xeito aleatorio, e resultou que Nahia quedaba sen grupo, polo que empatizamos con ela e acompañámola na súa soidade.













No seguinte reto experimentamos o sentimento de confianza nos demais, deixándonos caer, e confiando cegamente en que nos sustentarán os compañeiros e compañeiras. E así foi...







NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...