martes, 9 de octubre de 2018

SOMOS UNHA COMPAÑÍA DE ÓPERA. TEMOS NOME

Benvid@s ao noso blogue LÓVA: 

   La Ópera Vehículo de Aprendizaje

Comeza un novo curso e o alumnado de 4º de primaria do cole de Cariño, xa creou a súa propia compañía de ópera. É a segunda compañía que se crea no centro dentro do proxecto LÓVA. 
Podes coñecelo no seguinte enlace: proyectolova.es


Todo foi pasiño a pasiño...


Cando as profes nos propuxeron formar unha compañía de ópera, aceptamos rápidamente. Pensamos e debatimos moito sobre o que é unha compañía de ópera...








Nos contaron a preciosa historia do conto de "Olélé" para entender moi ben o concepto de equipo e a necesidade de "remar xunt@s". Foi a primeira metáfora coa que nos topamos, e nos pareceu unha boa forma de expresar certas cousas. Por iso, o remo será o obxecto simbólico da compañía.
Buscamos un nome significativo, e non tardaron en saír ideas que gustaban.





 Ao cabo duns días, tiñamos claro que...

"SOMOS NUBE COMPAÑÍA DE ÓPERA!"


"As nubes están formadas por millóns de gotiñas condensadas, que son como as nosas ideas. Están aí, a piques de saír"

Sempre saen comparacións moi bonitas, cando profundizamos e conectamos ideas...

Necesitamos tamén un logo que nos identifique como compañía.
Tod@s deseñamos o noso e resultaron moi bonitos. Non está sendo fácil decidir cal será o que nos represente.



Comezamos tamén a facer dinámicas e retos moi divertidas, que nos axudan a experimentar emocións moi diferentes e a coñecernos un pouco máis. 


       A pedra da concentración

Que vemos no espello?



Somos espello


         Buscamos tranquilidade

Escribimos sempre as nosas reflexións...



Estamos moi ilusionad@s e seguros de que viviremos unha gran experiencia.
Irémosvos contando nós mesmos como van as cousas...





1 comentario:

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...