jueves, 20 de diciembre de 2018

SOLICITAMOS A NOSA PROFESIÓN

Pois estamos nun momento moi importante!! Xa coñecemos tódalas profesións que son necesarias para facer unha ópera, e agora toca solicitar a que será a nosa profesión en NUBE.
É un enorme compromiso. Por iso, antes de adquirilo hai que sopesar moi ben a nosa elección.













     

Foi un proceso sinxelo, pero con algunhas dúbidas e preocupados por facer a elección correcta. Cubrimos un impreso de solicitude e seleccionamos tres profesións argumentando por que nos gustaban.

Nunha semana sabiamos o resultado...
A directora do cole fixo entrega das profesións nunha pequena ceremonia no salón de actos. 






E así queda constituída Nube Compañía de Ópera.

Directora de produción: Andrea Martínez
Rexedor: Pedro Miguel Fernández
Guionistas: Alejandro Rubido, Iván Pereira e Unai Filgueira.
Intérpretes: Nahia Teijeiro, Marcos Dieguez, Melissa Ferreiro, Noel Pérez e Adriana Lorenzo.
Compositores: Xoel Rial, Noa Yáñez e Alex Luaces.
Escenógrafos: Mara Castro, Vania e Sabela García.
Iluminadores: David Teijido e Andrés Landrove
Maquilladores/Figurinistas: Martín Fraguela, Paula Lorenzo, Pedro Alvelo. e Uxue Iglesias.
RRPP: Cris Bouza, Saray Fraguela
Documentalistas: Adrián Pita, Noel Piñón

Noraboa a tod@s!!! Confiamos en vós!!

miércoles, 12 de diciembre de 2018

VISITA DE PEDRO SARMIENTO

O martes 11 de decembro veunos visitar dende Madrid o coordinador de LÓVA en España, Pedro Sarmiento. 
Acompañounos durante unha sesión LÓVA xunto con José Antonio Sordo, o asesor do CFR de Ferrol.
Interesouse moito polo noso proxecto e contámoslle cada paso que estamos dando. 
Realizamos unha dinámica muda, que consiste en executar ordes  escritas sinxelas, e continuamos buscando cualidades para os nosos personaxes. É unha tarefa que crea moito debate dentro da compañía, porque hai que profundizar moito no significado de cada cualidade. Xurden puntos de vista moi diferentes, e non resulta doado chegar a acordos. E así sucedéu...
Foi unha sesión complicada para a remeira maior, xurdindo ademais pequenos desacordos na programación da dinámica seleccionada para a sesión. De seguro, ao cabo duns días teremos aprendido dos erros.









Moitas grazas, Pedro e a Sordo polo voso interse!!
Facédesnos sentir moi acompañad@s!!

martes, 4 de diciembre de 2018

E SEGUIMOS APRENDENDO...

OFICIO DE COMPOSITOR:
Visita de Ana Yáñez
O xoves 22 de Novembro, veunos visitar Ana Yáñez, profesora superior de guitarra no conservatorio de Pontevedra. Desenvolve ademais un interesante proxecto musical na "Casiña da Música" de Cariño, xunto con outros grandes músicos, e con actividade musical en diferentes formacións.  Presentounos o oficio de compositor musical.
Explicounos que a voz é o noso mellor instrumento, e ten unhas cualidades moi peculiares. Non hai dúas voces iguais.
Tamén, a composición musical ten moito que ver coas emocións, e así nolo transmiten determinadas pezas de forma moi clara.



Interpretou coa súa guitarra melodias moi diferentes... e nós adiviñamos o que querían expresar.


Tamén creamos as nosas propias melodías, buscando situacións cotiás e rimas cós nosos nomes.



O certo é que a música ten magia, e cautiva a todo o mundo...

OFICIO DE ILUMINADOR:
Visita de Eduardo del Río 
Edu é técnico superior en mecatrónica e o xoves 29 de novembro veunos ensinar como facer focos para a iluminación. Tiñamos como modelo os focos de Lúa Compañía de Ópera, a compañía do curso pasado. Foron de gran axuda para seguir paso a paso o proceso:
  • Preparar as latas
  • Taladrar as bases
  • Meter tornillos e tubos finos
  • Atornillar as carcasas
  • Pelar o cable de cada foco
  • Empatar os tres cables ao cable principal
  • Empatar fíos de cobre
  • Montar enchufes
  • Montar os soportes dos focos
  • Enchufar á rede
O certo é que todas son conexións. Todo vai moi ben montado e conectado.





OFICIO DE INTÉRPRETE:
Visita de Pepablo Patinho e Montse Piñón
É a segunda vez que Pepablo visita o proxecto LÓVA. Pepablo é profe de teatro nos obradoiros do Concello. Veu hoxe, nesta ocasión acompañado de Montse, intérprete en teatro dos Jhazafelhos, a agrupación que el dirixe. Gústanos moito que veña porque nos mete moi rápido no mundo da interpretación. Falamos sobre o oficio de intérprete, complementando moita información que xa nos dera Linda. Os intérpretes deben coñecer moi ben o guíón, e traballar coordinados polo rexedor e director, para familiarizarse coas pezas musicais, figurinistas e a escenografía.






Sodes estupendos!! Grazas por vir!!

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...