jueves, 8 de noviembre de 2018

APRENDEMOS DOS PROFESIONAIS

A INTERPRETACIÓN
Visita de Linda Russano
O mércores 31 de outubro veunos visitar Linda, a nosa auxiliar de conversa de inglés para presentarnos a profesión de intérprete. Ela, ven de EEUU e ten moita experiencia no mundo da interpretación.  Nos acompaña nas sesións LÓVA sempre que pode.
O mais importante para ser intérprete é saber expresar emocións no momento axeitado. Aprendimos que temos que coñecer moi ben aos personaxes da nosa ópera e a historia que queren transmitir.
Os intérpretes deberán coordinarse moi ben cos guionistas, compositores e tamén cos escenógrafos porque necesitan coñecer ademais o guión e o lugar donde se desenvolve cada escena/acto da ópera.
Fixemos xogos de expresión de emocións moi divertidos, moi importantes para establecer relacións entre os personaxes.


Aquí, estamos moi moi contentos, case eufóricos...




Agora, moi disgustados...


Estamos moi enfadados...

Linda nos dá bos consellos...


Pasámolo moi ben e divertímonos moito con esas dinámicas.


Entrada creada por Adriana, Paula, Saray e Noel.

lunes, 5 de noviembre de 2018

AS PROFESIÓNS DA COMPAÑÍA. NOS VISITAN PROFESIONAIS

Nunha compañía de ópera traballan moitos profesionais diferentes: director/a de produción, rexedor/a, guionistas, compositore/as, intérpretes, escenógraf@s, electricistas, figurinistas, maquilladores, perruqueiros, RRPP, documentalistas...
Cada profesional debe responsabilizarse do seu traballo para que todo funcione e a ópera avance. Trátase dun auténtico traballo en equipo e non pode fallar ninguén.

Para coñecer moi ben cada profesión, e poder escoller a nosa, empezamos a recibir visitas de profesionais de cada oficio e a través de pequenos obradoiros nos explican en que consiste o seu traballo. Veredesss...

OFICIO DE GUIONISTA:
Visita de Mario Fraga Fernández
O mércores 17 de outubro, veu Mario Fraga a explicarnos o oficio de guionista.
Mario é un rapaz moi novo que dende pequeno empezou a crear banda deseñada (comic) polo que, ademais de escribir, debuxa cada viñeta con moita precisión. Ten 17 anos e estudia 2º de BAC nos IES Cabo Ortegal de Cariño. Hai uns meses que publicou en "pasiónporloslibros" o seu primeiro comic "Arlen", un superheroe cun traxe de mármore...
Explicounos moi ben o seu proceso de creación, e as partes que debe ter unha historia (estrutura dramática), e fíxonos ver que a vida cotiá está chea de historias que se poden escribir, e tamén representar. Sempre hai unha introducción, un nó e un desenlace. Nas artes escénicas adoitase necesitar un mínimo de tres actos ou partes ben definidas.






Despois de escoitar a Mario, aproveitamos para profundizar no tema da nosa ópera, do que sairá o argumento, e chegamos á tese:





OFICIO DE ESCENÓGRAF@:
Visita de Marina Regidor
O luns 22 de outubro, estivo con nós Marina para presentarnos a profesión de escenógraf@. Marina estudiou comunicación audiovisual e creou unha escenografía en maqueta para un vídeo de animación. Vimos tódolos elementos da escena e a súa ubicación en función da historia e os personaxes.
Os escenógrafos deberán ter moi presente o guión e os personaxes para ambientar a historia correctamente e con coherencia. Falou moito da necesidade de coherencia en todo o proceso... 
Tamén é necesario que coñezan moi ben o escenario e as súas posibilidades, así como a enorme variedade de materiais para recrear espazos. Aconsellou realizar debuxos, bocetos e maquetas cos elementos da escena antes de traballar a tamaño real.




OFICIO DE DIRECTOR DE PRODUCIÓN/DOCUMENTALISTA
Visita de Alvaro Ramil
Ao día seguinte, martes, Alvaro falounos das profesións de director de produción e documentalista. Para poder traballar, fixo tamén o grao de comunicación audiovisual e explicounos moi ben os dous oficios e as responsabilidades que implican. O director ou directora de produción deberá ser unha persoa moi organizada, e ter moi clara a función de cada profesión para coordinar correctamente  tódolos profesionais. Debe traballar da man do rexedor ou rexedora, persoa que controlará todo o referente ao escenario.
Os documentalistas realizarán a documentación de todo o proceso de traballo, para dalo a coñecer ao público o día das repesentacións. Traballarán moi cerca dos RRPP que se encargarán da promoción e divulgación da ópera.






Compartiron con nós unha dinámica de presentación e a canción Olélé, que lles gustou moito, moito.

Que coincidencia...Tanto Mario coma Marina e Alvaro, foron alumnos do noso cole. Algún día, nós tamén seremos ex alumnos do cole, e elexiremos unha profesión que nos apaixoe. 

OFICIO DE MAQUILLADOR/PERRUQUEIR@:
Visita de Inés Díaz Galdo
O luns 29 de outubro Inés Díaz, nai de Martín e profesional da estética e perruquería, veu presentar as profesións de maquillador/perruqueir@ e figurinista.
Falounos da importancia do maquillaxe e vestiario para definir moi ben aos personaxes segundo as súas cualidades. Explicou o proceso e pasos do maquillaxe para un acabado perfecto, e realizou unha excelente demostración.
Que marabilla!!!! Como nos gusta recibir visitas de profesionais, son moi interesantes e aprendemos moito.





Grazas a tod@s!!!




NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...