martes, 29 de enero de 2019

A ESTRUTURA DRAMÁTICA

O deseño da estrutura dramática é unha das partes máis complexas na creación da nosa ópera. Será o eixo central do libreto, sobre o que xirará o traballo do resto das profesións.
É tarefa de toda a compañía, e transcurre a través de moita reflexión e debate. Debemos crear situacións, acontecementos e desenlaces coherentes, en funcións das características e motivacións dos personaxes. Xurden moitas ideas, e pasiño a pasiño vaise construíndo. 



Contámosvos como comeza a nosa historia...

Os cinco personaxes coñécense, a pesar da diferencia de idade, e comparten diversas actividades no seu entorno: Josetxo, Elena, Gema, Xulio e Clara.
Certo día, coinciden na biblioteca e a lectura dun libro desperta recordos morriñentos en Xulio, un neno de orixe chinesa que vive en Galicia. 
Xulio ten un pasado a miles de kilómetros e cuestións por resolver a pesares da súa curta idade. Xurde aquí o conflito da nosa historia.
A partir dese momento sucederán cousas, deberán tomar  decisións, e veremos como transcurre todo.
A estrutura dramática desenvólvese en tres actos que xa temos practicamente definidos...
Desvelaremos únicamente o primeiro acto ;)




Estamos facendo moitos tablóns coas situacións que se dan ao longo da estrutura dramática...






















lunes, 14 de enero de 2019

CREAMOS OS NOSOS PERSONAXES

Temos tema, temos tese, temos profesionais... Agora a nosa ópera necesita uns personaxes que crearemos entre toda a compañía. Chegou o momento!
Para crealos é necesario reflexionar e debatir moito sobre como somos as persoas e como nos comportamos en diferentes momentos. Todos temos cualidades positivas, e outras que é necesario mellorar. Os nosos personaxes tamén terán personalidades diferentes. Recollimos as conclusións, despois de moitas discusións pero chegando a acordos. Recordamos tamén conceptos traballados ao inicio do proxecto.



















Temos cinco personaxes dos que un deles é de orixe chinés. Hai  tamén dúas irmás, unha nacida en Francia e outra en Inglaterra por motivos laborais dos pais.











sábado, 12 de enero de 2019

VISITA DO BARÍTONO BORJA QUIZA

Inmediatamente depois das vacacións de Nadal, recibimos unha grata sorpresa: a visita de Borja Quiza, un ano máis, para coñecer a segunda compañía de ópera LÓVA do noso cole. 
Estabamos encantad@s, e tamén el disfrutou moito da nosa compañía. Así nolo transmitíu...
Veu acompañado de Jonathan, o concelleiro de cultura, que estaba tamén moi contento de compartir con nós a sesión LÓVA. 
Falamos, preguntamos, expresamos, compartimos, aportamos e, sobre todo, aprendimos moooito  das interesantes cousas que nos transmitíu...Incluso cantou un pequeno fragmento dunha fermosa peza.
Menuda voz!!!! Menuda emoción!!!


Nunha ópera poden intervir ata cerca de douscentos profesionais.

           É impensable unha ópera, sen un traballo en equipo.



Se alguén non cumple o seu cometido, se falla alguén... fallamos tod@s...

Tódalas profesións son igual de importantes para o desenvolvemento da ópera.

Unha vez máis chegamos ás mesmas conclusións sobre a idea de que todos e todas somos necesarios e importantes...
Grazas, Borja!!!

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...