domingo, 14 de octubre de 2018

A IMPORTANCIA DE DETERMINADOS OBXECTOS. HAI TEMA

Xa vos contamos que despois de coñecer o conto de Oléle, apreciamos o significado do remo como obxecto simbólico.
Pois ben, na clase falamos de que a maioría das persoas temos algún obxecto importante ou simbólico de gran valor sentimental. Pensamos no noso obxecto importante e levámolo a clase ao día seguinte. Na sesión LÓVA explicamos por que era importante e descubrimos moitas cousas.
Por exemplo, que o valor dos obxectos ten que ver con recordos de situacións ou persoas que nos queren moito e nos gusta telas presentes e sentir que non estamos sós, que estamos acompañados. 
Tódalas persoas necesitamos sentirnos acompañados, e tamén acompañar a outros.
Esa era a idea máis expresada nos obxectos... ACOMPAÑAR












Estánse producindo grandes debates, porque profundizamos moito en cada cousa, e tod@s temos moito que aportar.

 Parécenos un bo tema para a nosa ópera: ACOMPAÑAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...