Inmediatamente depois das vacacións de Nadal, recibimos unha grata sorpresa: a visita de Borja Quiza, un ano máis, para coñecer a segunda compañía de ópera LÓVA do noso cole.
Estabamos encantad@s, e tamén el disfrutou moito da nosa compañía. Así nolo transmitíu...
Veu acompañado de Jonathan, o concelleiro de cultura, que estaba tamén moi contento de compartir con nós a sesión LÓVA.
Falamos, preguntamos, expresamos, compartimos, aportamos e, sobre todo, aprendimos moooito das interesantes cousas que nos transmitíu...Incluso cantou un pequeno fragmento dunha fermosa peza.
Menuda voz!!!! Menuda emoción!!!
Nunha ópera poden intervir ata cerca de douscentos profesionais.
É impensable unha ópera, sen un traballo en equipo.
Se alguén non cumple o seu cometido, se falla alguén... fallamos tod@s...
Tódalas profesións son igual de importantes para o desenvolvemento da ópera.
Unha vez máis chegamos ás mesmas conclusións sobre a idea de que todos e todas somos necesarios e importantes...
Grazas, Borja!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario