Avanzamos moito nas sesións LÓVA experimentando novas dinámicas e retos. Non paramos de aprender e xa somos unha compañía unida, con varios proxectos en común e un obxectivo claro: Rematar a creación da nosa ópera para representala en xuño.
Son moi agradables as sesións de relaxación, para aprender a importancia da calma e cada día acadamos un maior nivel de concentración.
Máis abaixo, unha dinámica moi emotiva na que tivemos que atopar o noso grupo de iguais sen comunicación verbal, e vaia se o atopamos...
Experimentamos a través do xogo a agradable sensación de pertencer a un determinado grupo, e tamén a tristura cando non somos incluídos cós nosos semellantes...
Repartimos gomets a cegas, de xeito aleatorio, e resultou que Nahia quedaba sen grupo, polo que empatizamos con ela e acompañámola na súa soidade.
No seguinte reto experimentamos o sentimento de confianza nos demais, deixándonos caer, e confiando cegamente en que nos sustentarán os compañeiros e compañeiras. E así foi...
No hay comentarios:
Publicar un comentario