Estamos no momento de integrar o traballo de cada profesión. Aproveitamos tamén para mellorar algunhas partes da estrutura dramática para que todo teña maior coherencia argumental.

Nas reunións xerais da compañía, acéptanse tódalas ideas, e estudiamos a conveniencia ou non das mesmas.
É tempo de bocetos e maquetas...
Porque xa o comprobamos... Se cae un, caemos todos!!
As vindeiras semanas estarán adicadas a ensaios de todo tipo, non só dos intérpretes e compositores. Cada oficio ten que planificar a súa función no momento da estrea.
Fai moita falla o tempo!!!