O martes 11 de decembro veunos visitar dende Madrid o coordinador de LÓVA en España, Pedro Sarmiento.
Acompañounos durante unha sesión LÓVA xunto con José Antonio Sordo, o asesor do CFR de Ferrol.
Interesouse moito polo noso proxecto e contámoslle cada paso que estamos dando.
Realizamos unha dinámica muda, que consiste en executar ordes escritas sinxelas, e continuamos buscando cualidades para os nosos personaxes. É unha tarefa que crea moito debate dentro da compañía, porque hai que profundizar moito no significado de cada cualidade. Xurden puntos de vista moi diferentes, e non resulta doado chegar a acordos. E así sucedéu...
Foi unha sesión complicada para a remeira maior, xurdindo ademais pequenos desacordos na programación da dinámica seleccionada para a sesión. De seguro, ao cabo duns días teremos aprendido dos erros.

Moitas grazas, Pedro e a Sordo polo voso interse!!
Facédesnos sentir moi acompañad@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario