viernes, 19 de octubre de 2018

TEMOS LOGO. SEGUEN OS RETOS



Nube Compañía de Ópera, necesita un logo. Un logo é unha representación visual moi sinxela. Mirade que bonitos! Lembrades que xa os deseñamos?




Non foi nada fácil pero, de tódolos logos, pensamos que este é o que mellor nos representa:


Agora hai que facelo en grande, ben bonito, na clase de plástica.
Estamos representados nós, e as nosas ideas.
As nubes dan para moitas metáforas...

Xa temos unha identidade!


Cremos de verdade que estamos no camiño correcto para convertirnos nunha auténtica compañía, capaz de traballar en equipo respectando as diferencias individuais.
Hai días bastantes complicados, nos que as dinámicas non funcionan correctamente. Pero outros días, somos quen de crear un clima moi agradable para entendernos e disfrutar. 
Dámonos conta cando reflexionamos en cada sesión. A maior parte de nós coincidimos en que non é nada fácil escoitar aos demais, pero sabemos que o conseguiremos.
Os retos e as dinámicas, nos axudan e son moi divertidos.

Aquí estamos facendo o reto da corda



A dinámica de apertas musicais


E o reto dos ollos vendados





Dinámica de coordinación e ritmo

E outra canción africana (de Ghana), como Olélé. 
O Kokoleoko que aprendimos con Fani, a profe de música. Ten moito ritmo e acompáñase con palmas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...