lunes, 5 de noviembre de 2018

AS PROFESIÓNS DA COMPAÑÍA. NOS VISITAN PROFESIONAIS

Nunha compañía de ópera traballan moitos profesionais diferentes: director/a de produción, rexedor/a, guionistas, compositore/as, intérpretes, escenógraf@s, electricistas, figurinistas, maquilladores, perruqueiros, RRPP, documentalistas...
Cada profesional debe responsabilizarse do seu traballo para que todo funcione e a ópera avance. Trátase dun auténtico traballo en equipo e non pode fallar ninguén.

Para coñecer moi ben cada profesión, e poder escoller a nosa, empezamos a recibir visitas de profesionais de cada oficio e a través de pequenos obradoiros nos explican en que consiste o seu traballo. Veredesss...

OFICIO DE GUIONISTA:
Visita de Mario Fraga Fernández
O mércores 17 de outubro, veu Mario Fraga a explicarnos o oficio de guionista.
Mario é un rapaz moi novo que dende pequeno empezou a crear banda deseñada (comic) polo que, ademais de escribir, debuxa cada viñeta con moita precisión. Ten 17 anos e estudia 2º de BAC nos IES Cabo Ortegal de Cariño. Hai uns meses que publicou en "pasiónporloslibros" o seu primeiro comic "Arlen", un superheroe cun traxe de mármore...
Explicounos moi ben o seu proceso de creación, e as partes que debe ter unha historia (estrutura dramática), e fíxonos ver que a vida cotiá está chea de historias que se poden escribir, e tamén representar. Sempre hai unha introducción, un nó e un desenlace. Nas artes escénicas adoitase necesitar un mínimo de tres actos ou partes ben definidas.






Despois de escoitar a Mario, aproveitamos para profundizar no tema da nosa ópera, do que sairá o argumento, e chegamos á tese:





OFICIO DE ESCENÓGRAF@:
Visita de Marina Regidor
O luns 22 de outubro, estivo con nós Marina para presentarnos a profesión de escenógraf@. Marina estudiou comunicación audiovisual e creou unha escenografía en maqueta para un vídeo de animación. Vimos tódolos elementos da escena e a súa ubicación en función da historia e os personaxes.
Os escenógrafos deberán ter moi presente o guión e os personaxes para ambientar a historia correctamente e con coherencia. Falou moito da necesidade de coherencia en todo o proceso... 
Tamén é necesario que coñezan moi ben o escenario e as súas posibilidades, así como a enorme variedade de materiais para recrear espazos. Aconsellou realizar debuxos, bocetos e maquetas cos elementos da escena antes de traballar a tamaño real.




OFICIO DE DIRECTOR DE PRODUCIÓN/DOCUMENTALISTA
Visita de Alvaro Ramil
Ao día seguinte, martes, Alvaro falounos das profesións de director de produción e documentalista. Para poder traballar, fixo tamén o grao de comunicación audiovisual e explicounos moi ben os dous oficios e as responsabilidades que implican. O director ou directora de produción deberá ser unha persoa moi organizada, e ter moi clara a función de cada profesión para coordinar correctamente  tódolos profesionais. Debe traballar da man do rexedor ou rexedora, persoa que controlará todo o referente ao escenario.
Os documentalistas realizarán a documentación de todo o proceso de traballo, para dalo a coñecer ao público o día das repesentacións. Traballarán moi cerca dos RRPP que se encargarán da promoción e divulgación da ópera.






Compartiron con nós unha dinámica de presentación e a canción Olélé, que lles gustou moito, moito.

Que coincidencia...Tanto Mario coma Marina e Alvaro, foron alumnos do noso cole. Algún día, nós tamén seremos ex alumnos do cole, e elexiremos unha profesión que nos apaixoe. 

OFICIO DE MAQUILLADOR/PERRUQUEIR@:
Visita de Inés Díaz Galdo
O luns 29 de outubro Inés Díaz, nai de Martín e profesional da estética e perruquería, veu presentar as profesións de maquillador/perruqueir@ e figurinista.
Falounos da importancia do maquillaxe e vestiario para definir moi ben aos personaxes segundo as súas cualidades. Explicou o proceso e pasos do maquillaxe para un acabado perfecto, e realizou unha excelente demostración.
Que marabilla!!!! Como nos gusta recibir visitas de profesionais, son moi interesantes e aprendemos moito.





Grazas a tod@s!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...