martes, 4 de diciembre de 2018

E SEGUIMOS APRENDENDO...

OFICIO DE COMPOSITOR:
Visita de Ana Yáñez
O xoves 22 de Novembro, veunos visitar Ana Yáñez, profesora superior de guitarra no conservatorio de Pontevedra. Desenvolve ademais un interesante proxecto musical na "Casiña da Música" de Cariño, xunto con outros grandes músicos, e con actividade musical en diferentes formacións.  Presentounos o oficio de compositor musical.
Explicounos que a voz é o noso mellor instrumento, e ten unhas cualidades moi peculiares. Non hai dúas voces iguais.
Tamén, a composición musical ten moito que ver coas emocións, e así nolo transmiten determinadas pezas de forma moi clara.



Interpretou coa súa guitarra melodias moi diferentes... e nós adiviñamos o que querían expresar.


Tamén creamos as nosas propias melodías, buscando situacións cotiás e rimas cós nosos nomes.



O certo é que a música ten magia, e cautiva a todo o mundo...

OFICIO DE ILUMINADOR:
Visita de Eduardo del Río 
Edu é técnico superior en mecatrónica e o xoves 29 de novembro veunos ensinar como facer focos para a iluminación. Tiñamos como modelo os focos de Lúa Compañía de Ópera, a compañía do curso pasado. Foron de gran axuda para seguir paso a paso o proceso:
  • Preparar as latas
  • Taladrar as bases
  • Meter tornillos e tubos finos
  • Atornillar as carcasas
  • Pelar o cable de cada foco
  • Empatar os tres cables ao cable principal
  • Empatar fíos de cobre
  • Montar enchufes
  • Montar os soportes dos focos
  • Enchufar á rede
O certo é que todas son conexións. Todo vai moi ben montado e conectado.





OFICIO DE INTÉRPRETE:
Visita de Pepablo Patinho e Montse Piñón
É a segunda vez que Pepablo visita o proxecto LÓVA. Pepablo é profe de teatro nos obradoiros do Concello. Veu hoxe, nesta ocasión acompañado de Montse, intérprete en teatro dos Jhazafelhos, a agrupación que el dirixe. Gústanos moito que veña porque nos mete moi rápido no mundo da interpretación. Falamos sobre o oficio de intérprete, complementando moita información que xa nos dera Linda. Os intérpretes deben coñecer moi ben o guíón, e traballar coordinados polo rexedor e director, para familiarizarse coas pezas musicais, figurinistas e a escenografía.






Sodes estupendos!! Grazas por vir!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...