martes, 29 de enero de 2019

A ESTRUTURA DRAMÁTICA

O deseño da estrutura dramática é unha das partes máis complexas na creación da nosa ópera. Será o eixo central do libreto, sobre o que xirará o traballo do resto das profesións.
É tarefa de toda a compañía, e transcurre a través de moita reflexión e debate. Debemos crear situacións, acontecementos e desenlaces coherentes, en funcións das características e motivacións dos personaxes. Xurden moitas ideas, e pasiño a pasiño vaise construíndo. 



Contámosvos como comeza a nosa historia...

Os cinco personaxes coñécense, a pesar da diferencia de idade, e comparten diversas actividades no seu entorno: Josetxo, Elena, Gema, Xulio e Clara.
Certo día, coinciden na biblioteca e a lectura dun libro desperta recordos morriñentos en Xulio, un neno de orixe chinesa que vive en Galicia. 
Xulio ten un pasado a miles de kilómetros e cuestións por resolver a pesares da súa curta idade. Xurde aquí o conflito da nosa historia.
A partir dese momento sucederán cousas, deberán tomar  decisións, e veremos como transcurre todo.
A estrutura dramática desenvólvese en tres actos que xa temos practicamente definidos...
Desvelaremos únicamente o primeiro acto ;)




Estamos facendo moitos tablóns coas situacións que se dan ao longo da estrutura dramática...






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...