viernes, 8 de febrero de 2019

OS NOSOS PAIS E NAIS COÑECEN LÓVA

O pasado mércores día 6 de febreiro convocamos ás nosas familias a unha reunión coas profes LÓVA, para amosarlles todo o que estamos traballando e invitalos a realizar algunha dinámica e reto.
Entenderon mellor a nosa experiencia LÓVA, e gustoulles participar nas dinámicas e retos.
Realizaron a tea de araña e o reto das sillas...

A medida que o fío se estendía, ían falando de cousas deles...




Tod@s estamos unidos por unha especie de fíos invisibles, e formamos unha estrutura. Podemos equilibrar, relaxar ou tensar as cordas, influíndo así nos comportamentos doutras persoas e nos nosos propios. Igualmente, se se producen algúns enredos ou nós, hai que estar preparados para desfacelos suavemente...


En ocasións, para saír de certas situacións é necesario apelar 
 calma. Cando nos precipitamos, non vemos as respostas...




Cando os maiores xogan, divírtense tando coma os nenos e nenas. Os adultos non deberían perder nunca o hábito de xogar, porque sempre hai bos momentos para facelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS FINANCIAMOS

Levamos xa unnhas semanas preparando un mercadiño que nos permita conseguir financiación para as as tarefas e actividades que estamos realiz...