Escribir o guión é un traballo fundamental dentro do libreto. Escriben os guionistas, pero facemos moitas sesións de gran grupo para concretar os diálogos de cada escena/acto.
Está sendo de gran axuda o uso da grabadora, xa que nos permite retomar o punto exacto dos diálogos creados e facer modificacións, ou seguir avanzando.
Os integrantes de cada unha das profesións desenvolverán o seu traballo en función dos diálogos e das diferetes situacións que acontezan, sempre con coherencia.
Así, os escenógrafos xa van pensando en como serán os espazos que darán lugar á escenografía, os compositores buscan os momentos axeitados para incluír as pezas musicais, os figurinistas xa están imaxinando aos personaxes, e os intérpretes constrúen os personaxes segundo as súas características.
Esto marchaaaa!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario